Ata o 25 de febreiro, os pescadores tripulantes de buques pesqueiros, poden solicitar Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca. Entre outros requisitos, a persoa solicitante deberá ter menos de 40 anos, estar de alta no réxime dos traballadores do mar e ter traballado, cando menos, cinco anos como pescador ou ter a titulación profesional exixida segundo o tipo de embarcación que se vai adquirir; o buque que adquira ten que estar operativo, ter unha eslora total inferior a 24 m, entre 5 e 30 anos de antigüidade, estar equipado para a pesca mariña e pertencer a un segmento de frota que no informe de capacidade pesqueira, vixente no momento da solicitude, amose equilibrio coas posibilidades de pesca.