Publicada a ORDE do 19 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contempla axudas para investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo; que limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies; que aumenten o valor engadido, calidade dos produtos e utilización de capturas non desexadas; en eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático e en servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable. Aberto ata o 18 de febreiro.