Durante o mes febreiro, a depuradora de Boiro Mariscos Camino, S.L., acadou a certificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non? para a comercialización de bivalvos.
Por outra banda, a lonxa de Testal e o centro de venta de O Freixo, ambos xestionados pola Confraría de Pescadores «San Bartolomé» de Noia, con alcance para bivalvos, así como a lonxa da Confraría de Pescadores de Carreira-Aguiño, con alcance para bivalvos, equinodermos e crustáceos, manteñen a súa certificación tras pasar unha auditoría de seguemento.