Do 6 ao 9 de xuño celebrarase a 23ª Edición do Salón da Alimentación do Atlántico Salimat-ABANCA, en Silleda, onde o selo pescadeRías, ¿de onde se non?, estará presente co stand institucional da Xunta de Galicia.
A Organización ofrece ás empresas do sector de produtos do mar de Galicia estar presentes cun stand de 6 metros cadrados. As persoas interesadas deben confirmar a súa participación antes do 17 de maio. Descarga aquí o Impreso de solicitude e o folleto informativo.