O berberecho de Noia é un dos bivalvos estrela das nosas costas, que conta con recoñecemento a nivel nacional. O pasado mes de setembro comezou a extracción deste bivalvo, que se comercializa certificado polo selo pescadeRías, ¿de onde non?.
Rubén González, de El Cafetín de Pontevedra, ofrécenos unha proposta moi mariñeira para preparalo: Berberechos ao vapor de algas e salsa verde mariña acidulada. Podes vela premendo aquí.