O 14 de setembro, directores/as e críticos/as de cine de varios países participantes no 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu – FICBUEU 2019, asistiron á actividade Descubrindo as excelencias do noso mar con pescadeRías, ¿de onde se non?. Realizaron unha visita guiada ao peirao, lonxa e praza de abastos, e degustaron produtos certificados nun showcooking levado a cabo por Criselda Iglesias da Tapería Lecer de Cangas.
Aquí podes ver un vídeo con algunhas das imaxes que deixou a xornada. Fotografías de Prolight Foto Estudio.