O 3 de decembro no espazo «Ciencia e Innovación Diálogos» na COP25, presentouse a ecoetiqueta «pescaenverde: Unha nova ecoetiqueta no sector pesqueiro» a cargo de Fernando Pardo, técnico de Transferencia de Tecnoloxía da USC. Como exemplo de implantación da ecoetiqueta, expúxose o caso de éxito da alianza pescadeRías – pescaenverde, como un referente no que se conxugaron intereses de ambas partes para promocionar e favorecer o consumo de produtos de proximidade en Galicia. Esta colaboración encaixa dentro dos ODS: 12 (Produción e consumo responsable), 13 (Acción polo clima), 14 (Vida submarina) e 17 (Alianzas para lograr os obxectivos).