Pescaenverde

pescaenverde é unha ecoetiqueta desenvolvida pola Universidade de Santiago de Compostela-USC que aporta información ao consumidor sobre o impacto que os produtos pesqueiros teñen sobre o medioambiente. Ten asociado un software que permite calcular a Pegada de Carbono e Taxa de Retorno Enerxética adaptada a cada tipo de flota e modalidade de pesca, de maneira que poidan transmitir aos consumidores o perfil ambiental dos seus produtos. O equipo de xestión da marca pescadeRías, ¿de onde se non? está colaborando coa USC para integrar o proceso de obtención de ámbalas dúas certificacións. Seguiremos informando.

Descarga aquí o regulamento de pescaenverde. Máis info: http://www.usc.es/pescaenverde/gl

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *