O xeito é unha arte de enmalle moi selectiva coa que se pesca sardiña e bocarte fundamentalmente: o 85 % das capturas que se realizan coa arte do xeito corresponde a sardiña. O Plan establece para o primeiro trimestre do ano un tope máximo total, para os tres meses, de 4 toneladas. A cota será de 20 kg por tripulante a bordo e día, ao cal se sumarán 20 kg/barco/día.