La receta del mes

Chema García, de El Faro Gastronómico, nos trae una receta con uno de sus pescados favoritos, tanto en fresco como en conserva: la caballa, que además es uno de los productos destacados de la pesca artesanal gallega. Se trata de una receta sencilla de caballa con curry fresco y ensalada de rúcula.

El ingrediente principal es la caballa en conserva, acompañada de una salsa deliciosa y fresca que le da el toque final al plato.

Puedes ver la receta aquí.

Galicia Fórum Gastronómico

A Consellería do Mar acudirá á X edición do Galicia Fórum Gastronómico que se celebrará na Coruña do 23 ao 25 de marzo. O stand institucional contará con sala de cata para actividades de promoción de produtos certificados e  cun espazo para dez empresas coexpositoras, das que dúas son entidades certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?: Porto-Muiños, S.L. e Costas y Miñán S.L.

Ademais, na aula taller do Fórum celebrarase unha sesión con produtos da marca a cargo de Dani López, do restaurante O Camiño do Inglés de Ferrol, o martes 25 de marzo.

Feiras internacionais

A Consellería do Mar asistirá á 50ª edición da Feira Foodex Japón 2025, que se celebrará en Tokio do 11 ao 14 de marzo con 6 empresas coexpositoras, das que dúas son entidades certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?: Conservas Portomar S.L.U. e Costas y Miñán S.L. A presenza da Consellería do Mar neste evento enmárcase nunha colaboración con ICEX España Exportación e Inversiones.

Tamén estará presente en Boston na Seafood Expo North América 2025 co stand institucional de Galicia e 16 empresas coexpositoras.

Campañas de extracción de vieira

O 3 de febreiro comezou a  campaña de extracción de vieira na Ría de Pontevedra. Participan un total de seis barcos das Confrarías de Pescadores de Bueu, Aldán-Hío e Raxó que poden extraer conxuntamente ata 1500 kg ao día.

As Confrarías de Pescadores de Cangas e Redondela comezaron a extracción de vieira na Ría de Vigo o 19 de febreiro. Participan 6 embarcacións e o tope máximo conxunto por día é de 1000 kg.

En ámbalas dúas campañas, o produto é eviscerado e comercializado por Porto de Cambados,  S.L., empresa certificada por pescadeRías de onde se non?

Tripulación pescadeRías

Continuamos a sección Tripulación pescadeRías con Manuel Tomás Abal, poxador da Confraría de Pescadores de Ribeira. 

Como é o día a día nunha lonxa de peixe e marisco? Que funcións ten un poxador? Manuel cóntanolo de primeira man desde un dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia. Coñeceremos en que consiste o seu traballo diario na Lonxa de Ribeira, onde cada día se descargan peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal galega, que despois atoparemos nos mercados de toda Galicia e tamén noutros puntos de España.

Podes ver o vídeo aquí.

A especie do mes: a peneira

A peneira (Haliotis tuberculata) é un molusco gasterópodo coa cuncha en forma de orella, de cor parda escura, cunha espiral pequena e unha última volta notablemente grande. A cuncha é resistente, co interior nacarado e sete orificios dispostos en liña.

Habita sobre substratos rochosos, desde o intermareal inferior ata profundidades superiores aos 40 m, aínda que é máis abundante entre os 3 e os 10 m de profundidade. En Galicia, distribúese pola zona media e externa das rías. Aliméntase principalmente de macroalgas e microalgas.

Podes ampliar a información aquí.

Novas peixerías adheridas

Este mes damos a benvida a dúas novas peixerías, la Pescadería de mi Barrio e a Peixaría Oia.

La Pescadería de Mi Barrio atópase no mercado de Teis, en Vigo. Comercializa produtos da pesca artesanal que adquire a diferentes provedores certificados. Un dos seus obxectivos é achegar o mercado tradicional á cidadanía. Realiza servizos a domicilio no concello de Vigo e envíos a toda a península.

A Peixaría Oia está situada no concello de Oía. A clientela pode atopar no seu punto de venda produtos de proximidade procedentes das confrarías da contorna, principalmente da lonxa de A Guarda.

Certificacións

Durante o mes de febreiro leváronse a cabo auditorías de seguimento nas seguintes entidades:

As empresas distribuidoras Pulponor S. Coop. Galega e Pescados Pulponor S.L. tiveron auditoría de recertificación da marca con alcance de cefalópodos e peixes.

Formación

No mes de febreiro impartiuse formación en hixiene e manipulación de alimentos a tres entidades certificadas: Mariscos Comesaña S.L., Lonxa de Sada e Lonxa de Cambados.

A formación en Mariscos Comesaña S.L. estivo dirixida ao persoal da empresa co obxectivo reforzar os coñecementos e as boas prácticas esenciais para garantir a seguridade, trazabilidade e a calidade dos produtos do mar.

Nas confrarías de Sada e Cambados participou o persoal responsable de garantir a trazabilidade e as boas prácticas de manipulación dos productos da pesca.

A entidade do mes: Frigoríficos Moldes S.L.

Frigoríficos Moldes S.L., con sede en Pontevedra é unha empresa conxeladora fundada no ano 1967.

Esta empresa transformadora está certificada pola marca pescadeRías de onde se non? desde xullo de 2015 co alcance de cefalópodos. A principal especie é o polbo procedente da pesca artesanal galega, que adquire en diferentes lonxas. A certificación é unha garantía de calidade e orixe para a súa clientela.

Subministran unha ampla gama de produtos conxelados ao canal Horeca, ás cadeas de supermercados e colectividades baixo a súa marca ”La Marina”.