O xurelo é un peixe azul que nos aporta proteínas de alto valor biolóxico e ten un alto contido en ácidos graxos omega 3. Nestes meses de verán está no seu mellor momento de consumo.
Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas en Lalín, presentou na última edición do Salón de Alimentación do Atlántico – SALIMAT A BANCA, unha receita de xurelo acompañado de Grelos de Galicia, rica e saudable. Preme aquí para acceder a ela.