Asistencia a feiras

A marca pescadeRías de onde se non? participou no Salón da Alimentación SIAL París 2024, cos coexpositores certificados Conservas La Brújula S.L., Fish Factory S. L. e Porto-Muiños.

Do 24 ao 27 de outubro estivemos no Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR, en Ourense. Acudiu tamén a Confraría de Pescadores de Ferrol, entidade certificada, cun stand propio.

Do 4 ao 6 de novembro acudimos ao Fórum Gastronómico de Barcelona, en colaboración con Galicia Calidade e coa presenza das empresas certificadas pola marca O Percebeiro S.L. e Artesa Rías Baixas S.L. Tamén tivo stand no Fórum a Confraría de Pescadores de Barallobre.

Podes ver un vídeo aquí.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *