O pasado mes realizáronse as auditorías de seguimento de tres entidades:
A Confraría de Pescadores de Noia, certificada para bivalvos, pasou a auditoría do centro de venda do Freixo.
Mariscos Comesaña S.L., no Porto de Marín, está certificado para equinodermos, crustáceos, peixe, antozoos e cefalópodos. Destaca na distribución de produtos da pesca artesanal galega.
Conservera Gallega S.A., en Vilanova de Arousa, está certificada para a transformación de bivalvos. Elabora conservas de xeito tradicional, seleccionando e empacando os produtos a man cunha presentación coidada.