Salón da Alimentación do Atlántico-SALIMAT 2026

Os produtos da pesca artesanal galega están a participar unha edición máis en SALIMAT, o Salón da Alimentación do Atlántico, que se celebra en Silleda do 4 ao 7 de xuño.

A Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Barallobre participa no stand institucional da Xunta de Galicia como coexpositora, o que contribúe a dar visibilidade ao traballo do sector pesqueiro e á calidade dos produtos do mar galegos.

Ao longo destas xornadas desenvólvese un completo programa de showcookings e actividades gastronómicas dirixidas ao público profesional e visitante, nas que se poñen en valor a orixe, a frescura, a trazabilidade e as posibilidades culinarias dos produtos da pesca artesanal galega.

Podes consultar o programa de catas aquí.