O gastrobar O Birrán, adherido ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, está ubicado na fermosa Praza da Madalena de Ribadavia. Na súa carta aposta por unha cociña tradicional renovada e con produtos de calidade. A súa chef, Emma Pinal, comparte con nós esta receita de raia a baixa temperatura co seu caldo, pan de cea e tartar de algas, que agardamos que sexa de voso agrado. Preme aquí.