Do 7 ao 10 de maio, celébrase a 32 Edición do Salón Gourmets en Madrid, unha Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade.
Os produtos certificados pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?” estarán presentes no Espazo Degustación da Consellería do Mar. Premendo aquí podes consultar o programa de catas.
Nesta edición asistirán nove empresas certificadas: Conservas La Brújula–Ramón Peña, Portomuiños, Conservera Gallega, Conservas Portomar, Mariscos Daporta, Conservas Artesanas Curricán, O Percebeiro, Laxe de Rons e Yatecomeré.