A Consellería do Mar puxo en marcha a campaña «O noso peixe é de fiar» en resposta á alarma xerada sobre o anisakis. Nun pequeno vídeo, ofrécense unha serie de indicacións sobre a manipulación e preparación de peixes e mariscos, para consumilos con todas as garantías de seguridade. Lanza unha mensaxe de tranquilidade e fai fincapé no feito de que podemos consumir peixe con confianza sempre que se adquira polas canles legais de comercialización e que se cumpran as recomendacións sobre a súa manipulación.
Consume peixe con confianza
![](https://deondesenon-newsletter.com/wp-content/uploads/2018/09/baner_anasaki.jpg)