ORDE do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), que contribúan á protección e á recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental, dirixidas a confrarías de pescadores, organizacións de produtores, cooperativas do mar e outras asociacións de profesionais do sector. Preme aquí para acceder ao procedemento, o prazo remata o 14 de xuño.