En abril, a depuradora e empresa de distribución Mariscos Islas Cíes, certificouse para bivalvos, crustáceos, peixe, cefalópodos, gasterópodos, equinodermos e antozoos e a depuradora Da Lonxa ao Prato para Bivalvos. A Confraría de Lira, ampliou o seu alcance de certificación a peixes e a conxelado de peixes e bivalvos e a Confraría de Redondela ampliouno para a distribución de bivalvos e cefalópodos. Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L. renovou a súa certificación e Pulpo de Camariñas, S.L. realizou unha auditoría de seguemento.