Continuamos co programa formativo en centros de Hostalaría / Industrias Alimentarias de Galicia dando a coñecer ao alumnado a marca pescadeRías, ¿de onde se non?.
Durante o mes de abril, foron impartidas charlas no I.E.S. Fraga do Eume (Pontedeume), o C.I.F.P. Politécnico de Lugo, o I.E.S Sanxillao (Lugo), o I.E.S de Vilamarín, a Fundación Belarmino Fernández Iglesias (Sober) e o Obradoiro de Emprego Vigo Capacita VI.
Moitas grazas a todos/as pola vosa participación!