A dourada (Sparus aurata) ten o corpo alto e comprimido, de cor gris prateada, cunha mancha dourada entre os ollos, que desaparece cando morre, e unhas manchas negras por detrás da cabeza. Os beizos son grosos e carnosos. Pode chegar aos 70 centímetros. Vive en augas pouco profundas (menos de 30 metros) en fondos de area ou pedra. É un peixe de augas cálidas que escasea nas nosas costas. Cando se pesca faise con trasmallo e tamén con palangre.
Se queres coñecer os seus principais valores nutricionais, preme aquí para ver unha ficha desta especie.