Do 3 ao 5 de setembro celebrouse a 24º Edición do Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT ABANCA, en Silleda. No espazo degustación do stand da Xunta de Galicia realizáronse tres catas con produtos do mar certificados pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?.
As cociñeiras Begoña Vázquez (Restaurante Regueiro da Cova en Verín), Maica Couto e Diego Domínguez (Restaurante A Ostrería en Santiago de Compostela) e Criselda Iglesias (Tapería Lecer en Cangas do Morrazo) prepararon pratos con diferentes especies procedentes da nosa pesca artesanal: berberechos, ameixa rubia, polbo, sargo, navallas e algas.
Por outra banda, 9 importadores de España, Portugal, Francia, México e Reino Unido visitaron as instalacións de Real Conservera Española no marco das actividades de Salimat Abanca. Estes profesionais tiveron a oportunidade de coñecer a calidade do produto desta empresa conserveira certificada pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?.
Preme aquí para ver un vídeo do evento.