Pescados Jaime, S.L. é unha empresa dedicada á distribución de peixe fresco a maioristas, cadeas de distribución, frigoríficos e conserveiras. Contan con presenza nas lonxas de Ribeira e Celeiro, estando a súa sede principal no porto de Ribeira.
Pescados Jaime ven dunha longa tradición familiar que se remonta a tres xeracións e conta cunha consolidada carteira de clientes en toda a península aos que oferta produtos mercados nas principais lonxas galegas coas mellores condicións de calidade e frescura.