Do 19 ao 21 de outubro celebrouse no Parador de Baiona a II edición do Blue Atlantic Forum, organizado polo concello de Baiona. As 3 xornadas de debate estiveron dirixidas aos sectores da pesca, biotecnoloxía e turismo. A marca pescadeRías participou na mesa redonda Está o meu pescado certificado? celebrada o día 19. Na mesa tamén participaron, entre outros, Pescados Rabina, entidade adherida á marca e a Confraría de Pescadores de Redondela que está certificada polo selo.