A vieira (Pecten maximus) é un molusco bivalvo que en Galicia captúrase dende embarcacións con rastro de vieira. Unha vez capturada, pasa por varios procesos antes de poñela nos mercados: depuración, evisceración, lavado, clasificación por tamaños, envasado ao baleiro e conxelación, aínda que tamén se comercializa en fresco, durante a campaña, e desconxelada refrixerada. Se queres saber máis sobre esta especie, preme aquí para ver unha ficha.