En setembro celebrouse o Festival Internacional de Cinema FICBUEU, no que tivemos ocasión de dar a coñecer os produtos da pesca artesanal galega aos profesionais do sector audiovisual convidados ao certame. Organizouse unha actividade na praza de abastos de Bueu, que combinou cociña en directo con información sobre a trazabilidade dos produtos do mar e a marca pescadeRías de onde se non?
As elaboracións correron a cargo do equipo de cociña de O Souto Bar Restaurante de Pontevedra, adherido á marca.
Imaxe por cortesía de Estudio Prolight.