O 28 de maio celebrouse en Madrid a primeira xornada do ciclo “Galicia sabe a orixe”, impulsado polas consellerías do Medio Rural e do Mar, co apoio de MOM Culinary Institute e o restaurante Bancal.
A iniciativa ten como finalidade a posta en valor dos produtos galegos, mediante a participación de cociñeiros galegos de recoñecido prestixio. A xornada contou co chef executivo do restaurante Bancal, Miguel Vidal, e promoveu a calidade dos alimentos do mar nun formato divulgativo e experimental.
Entre os produtos destacados atopábanse peixes e mariscos certificados pola marca pescadeRías de onde se non?, presentes como embaixadores da orixe, da frescura e do compromiso coa pesca artesanal galega.