O pasado 1 de outubro comezou a campaña do ourizo (Paracentrotus lividus) nas confrarías da provincia de Pontevedra. A extracción está regulada nos plans de xestión aprobados pola Consellería do Mar, que afectan a oito confrarías certificadas pola marca pescadeRías de onde se non? na provincia de Pontevedra. A campaña prolongarase ata marzo ou abril, segundo o estipulado en cada plan e en función da evolución do estado do recurso. Nos dous primeiros días de campaña, o ourizo acadou prezos en lonxa de entre 15 e 18 euros por quilo, o que indica unha forte demanda.
A campaña do santiaguiño (Scyllarus arctus) comezou tamén o 1 de outubro. Por outra banda, a lagosta (Palinurus elephas) despídese dos mercados ata o 1 de xaneiro.