En agosto renovou a súa certificación para a primeira venda de peixes, cefalópodos e crustáceos certificados a cooperativa Mar do Morrazo, S. Coop. Galega.
Ademais, adheríronse á marca dous novos puntos de venda: a tenda de conxelados Mercanova, en Vilagarcía, que comercializa polbo certificado da empresa Frigoríficos Moldes; e Peixes e Mariscos Mary, na praza de abastos de Moaña, que vende diariamente produto fresco certificado. Parabéns!