A campaña de captura da vieira iniciada no mes de xaneiro nas Rías de Pontevedra e Arousa, rematou o 1 de marzo para garantir a sostibilidade do recurso. Durante o tempo que permaneceu aberta, as capturas comercializáronse nas lonxas da Confraría de Cambados e da Confraría de Bueu.
Durante todo o ano podemos atopar no mercado vieira galega conxelada, previamente depurada e eviscerada, con todas as garantías de seguridade alimentaria, certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.