Galicia Market Place Vigo, 3ª Edición

O pasado 16 de febreiro celebrouse a III edición de Galicia Market Place, no Círculo de Empresarios de Vigo. Estivemos presentes no espazo escaparate xunto coa marca pescaenverde e tres empresas certificadas: Confraría de Pescadores de Noia, Cooperativa Ría de Arosa e Pulponor, Sociedade Cooperativa Galega.

Participamos na mesa redonda o poder da marca no sector agromaralimentario e os produtos certificados foron os protagonistas dun showcooking e do xantar coloquio do evento. Aquí podes ver un vídeo da xornada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.