O Restaurante Solleiros, ubicado no Hotel Gastronómico San Miguel, en Santiago de Compostela, acaba de adherirse ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, apostando así na súa carta polos peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal.
A súa chef Ana Portals elabora neste espazo unha cociña tanto de vangarda como tradicional, sempre cos mellores ingredientes.