Desde agosto ata outubro realizaremos unha experiencia piloto de etiquetado individual de peixes, coa colaboración da Confraría de Portonovo. Está previsto formar ás tripulacións de cinco embarcacións para que se encarguen do etiquetado individual das súas propias capturas. As persoas participantes recibirán asesoramento e titorización durante todo o proceso, e realizarase unha avaliación de resultados que permitirá realizar melloras de cara ampliar o plan piloto a outros usuarios.