Rematou a Semana do Mar de Ourense coa participación dos restaurantes Nova, A Taberna e Galileo, que puxeron o seu saber ao servizo dos profesionais da peixería, consumidores e colegas de profesión. Ademais das demostracións de cociña, o público puido coñecer as pautas para identificar e diferenciar os produtos da pesca artesanal galega nos mercados, o seu grado de frescura e como se capturan. No caso dos profesionais do ramo da peixería, impartiuse unha sesión formativa de carácter práctico sobre melloras no punto de venda.