A marca pescadeRías, ¿de onde se non? estará presente no Forum Gastronómico de Barcelona, que se celebrará do 23 ao 26 de outubro. Durante estes días haberá demostracións de cociña en directo e presentación de produtos da pesca artesanal certificados, tanto frescos como elaborados. A marca pescadeRías, ¿de onde se non? terá presenza permanente no stand institucional da Xunta de Galicia, por onde desfilarán as mellores elaboracións con produtos do selo de calidade.
Toda a información aquí.