Julia Haz, presidenta da Agrupación de Mariscadoras Esteiro do Río Anllóns, protagoniza o vídeo elaborado por FARNET, no que explica o seu traballo e a evolución e dignificación do mesmo nos últimos anos. Preme aquí para velo.
O principal recurso explotado por esta agrupación, formada por 30 mariscadoras/es, é o berberecho, cunha cota de 25 quilos diarios, que extraen na enseada do río Anllóns.