Mortalidad del berberecho en Noia

En el artículo de este mes, publicado originalmente en la revista GCiencia y que puedes descargar pinchando aquí, nos explican las claves del cierre de la campaña del berberecho en Noia. El artículo está basado en el informe elaborado por la bióloga de la Cofradía, Liliana Solís, en relación a este episodio. La baja salinidad debida a un otoño especialmente lluvioso unido a los desaguamientos de la presa del Tambre, provocaron mortalidades superiores al 80% en esta emblemática especie de la ría de Noia.

La receta del mes

La almeja blanca (Spisula solida) es un bivalvo con las conchas de forma oval-triangular, de color blanco y textura muy suave. Cada vez es más frecuente encontrarla en los mercados procedente de nuestras costas. En la 36 edición del Salón Gourmets de Madrid, Fran Loira, chef de El Percebeiro, S.L., elaboró la receta que os mostramos este mes durante una de las degustaciones que tuvieron lugar en el stand de la Consellería do Mar: Almejas blancas con salsa marinera, puré de chirivía y aliño de guindilla-suquet. Pincha aquí para acceder a ella.

Salón Alimentario do Atlántico – SALIMAT A BANCA

Do 8 ao 11 de xuño celebrouse en Silleda unha nova edición do Salón Alimentario del Atlántico – SALIMAT A BANCA, un dos principais foros e puntos de encontro do sector agroalimentario a nivel nacional e referente no noroeste peninsular. A Consellería do Mar estivo presente, como todos os anos, cun stand institucional e unha sala de catas onde se degustaron produtos certificados polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

As preparacións, nas que se utilizaron carneiro, ameixa babosa, sardiñachocoxurelo, sargo, zamburiña, xarda, navallarobaliza e algas, foron levadas a cabo polos/as cociñeiros/as Emma Pinal (Gastrobar O Birrán, Ribadavia) e Maica Couto e Diego Domínguez (A Ostrería – Nave 5, Santiago de Compostela). Así mesmo, a Confraría de Pescadores de Portosín e Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L., ambas entidades certificadas polo selo pescadeRías, contaron con stand no evento. Preme aquí para ver un vídeo.

Xornadas das Zamburiñas de Ferrol

Do 6 ao 11 de xuño celebráronse as 1ª Xornadas das Zamburiñas de Ferrol organizadas pola Confraría de Pescadores de Ferrol e FÉRVELLO (establecementos de Hostalaría Ferrol Vello). Numerosos establecementos da cidade, entre eles o restaurante adherido Josefa’s Bar, ofreceron unha receita tradicional recuperada: «zamburiñas á ferrolana». O venres 9 Javier Olleros do Restaurante Culler de Pau capitaneou un showcooking no que a zamburiña foi a protagonista. A zamburiña de Ferrol está certificada pola marca pescadeRías, ¿de onde se non?.

Estrelas Solidarias do Camiño 2023

A cita solidaria Estrelas Solidarias no Camiño organizada por Casa Barqueiro, en colaboración coa Xunta de Galicia reuniu o 5 de xuño en Negreira a 25 cociñeiros/as con 60 Estrelas Michelin.

Os produtos certificados por pescadeRías, ¿de onde se non? formaron parte da cea de degustación de produtos galegos ofrecida aos chef invitados  e da cea solidaria na que participaron ao redor de 300 persoas. A cita permitiu recadar fondos para a Asociación Galega do Síndrome X Fráxil. Aquí podes ver algunhas fotos.

Feiras en maio

Entre o 8 e o 11 de maio a Consellería do Mar ensalzou a calidade dos produtos do mar de Galicia na feira internacional Tutto Food celebrada en Milán (Italia). As empresas certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? Real Conservera Española, S.L. e El Percebeiro, S.L. tamén estiveron presentes neste evento.

Por outra banda, do 10 ao 13 de maio, celebrouse en Burela unha nova edición de EXPOMAR, onde a empresa certificada Conservas Artesanas Curricán, S.L. participou cun stand.

Accións formativas

Durante o mes de maio recibiron formación en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Produtos Pesqueiros o persoal da Confraría de Pescadores de Cedeira, da Confraría de Pescadores de Moaña e da Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz. Na acción formativa realizada en Moaña participou así mesmo a directiva da asociación de mariscadoras e mariscadores a pé desta localidade.

Ter actualizada a formación nesta materia é requisito necesario para a certificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Entidade do mes: Lonxa de A Illa de Arousa

A lonxa de A Illa de Arousa está xestionada pola Organización de Productores de Marisco y Cultivos Marinos de la Provincia de Pontevedra (O.P.P.20). Nas súas instalacións no porto do Xufre póxanse cada día unha gran cantidade de moluscos bivalvos procedentes dos seus numerosos e produtivos bancos marisqueiros, extraídos a pé, dende embarcación ou mediante mergullo. Tamén comercializan certificado polo selo pescadeRías, ¿de onde se non? algas, antozoos e crustáceos, entre os que destaca o camarón.

Especie do mes: zamburiña

zamburiña (Chlamys varia) é un pectínido de recoñecida calidade pola súa fina e delicada carne e o seu intenso sabor a mar.

As súas valvas, de cor violácea, son máis alongadas que as da volandeira e presentan unha soa orella. A súa carne é rosada, violácea ou crema, cunha gónada das mesmas tonalidades. Captúrase desde embarcación con rastro de vieira ou volandeira, maioritariamente na Ría de Ferrol. Se queres saber máis sobre este bivalvo preme aquí para ver unha ficha.

Novos restaurantes adheridos: Marlima I e Marlima II

Os restaurantes Marlima I e Marlima II adheríronse en maio ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

Nos seus locais, ambos na localidade de Sanxenxo, ofrecen á súa clientela unha ampla variedade de peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal.

Entre as súas especialidades destaca o arroz con lumbrigante e os peixes do día, que se poden degustar dende as súas terrazas con vistas á Ría. Dispoñen de viveiros propios e tamén preparan comidas por encargo.