Comeza a veda do polbo

O vindeiro 20 de maio comezará a veda do polbo en Galicia que durará ata o día 4 de xullo.

Máis do 90% do polbo comercializado nas lonxas galegas leva na súa etiqueta de primeira venda o selo pescadeRías, ¿de onde se non?. Tamén podémolo atopar baixo este distintivo conxelado, cocido e pasteurizado ou en conserva. Premendo aquí podes consultar o listado de entidades certificadas para esta especie.

Premios Galicia Alimentación

Clúster Alimentario de Galicia convoca os Premios Galicia Alimentación co obxectivo de recoñecer e visibilizar as mellores prácticas en emprendemento, dixitalización, innovación, marketing, sustentabilidade e internacionalización do sector alimentario: produto innovador, produto excelente, proxecto empresarial ou institucional e estratexia de mercado.

Para máis información e inscricións preme aquí. En prazo ata o 31 de maio.

Convocatoria de PERMEX

Convocatoria de proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de percebe dende embarcación nas confrarías de Malpica e A Guarda. Convocatoria de proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de algas, mergullo en apnea e con subministro de aire dende superficie, da confraría de Corme. Convocatoria de proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación na modalidade de marisqueo a pé da confraría de Pontevedra. Convocatoria de proceso selectivo para o outorgamento da modalidade de solénidos, mergullo en apnea e con subministro de aire dende superficie, da confraría de Muros.

O desove do bocarte evidencia o fenómeno das bioturbulencias

Un estudo realizado no marco do proxecto Remedios, publicado na revista Nature Geoscience, demostra que os peixes contribúen á produción de turbulencia e mestura oceánica nas rexións costeiras, polo que o papel que xogan na distribución de calor, nutrientes e osíxeno é máis importante do que se pensaba. O estudo constitúe a primeira evidencia científica obtida a partir de medicións in situ deste fenómeno. Preme aquí para ver unha pílula divulgativa do estudo e aquí para acceder a un artigo sobre o mesmo.

A receita do mes

A xarda (Scomber scombrus) é un peixe azul que contén numerosos minerais esenciais, rico en vitaminas, principalmente B12 e D, e cun alto contido en ácidos graxos omega 3. Este mes está en plena tempada polo que vos suxerimos esta receita, cortesía de Javier Lema Marcote, do Restaurante A Furna en Muxía, que nos amosa como preparala asada lixeiramente e cun delicioso acompañamento.

Preme aquí para acceder a ela.