Co-construíndo Futuros Sustentables

Do 02 ao 05 de xullo celebrouse en Carril o Obradoiro Internacional Co-construíndo Futuros Sustentables para a Pesca de Pequena Escala, organizado pola Universidade de Södertörn de Suecia e a Universidade de Santiago de Compostela. Participaron investigadores/as de Chile, Sudáfrica, Vietnam, España e Suecia. Ramón Fernández Conchas, xefe de Servizo de Mercados, e Manuel García Tasende, da Subdirección Xeral de Acuicultura da Consellería do Mar, impartiron os relatorios: A marca pescadeRías, de onde se non? e O marisqueo en Galicia, respectivamente.

Seguementos e adhesións

A Lonxa de Campelo AIE, certificada para bivalvos, crustáceos, cefalópodos e peixe, na que se realizan as ventas das confrarías de Pontevedra, Lourizán e Raxó, superou unha auditoría de seguemento do selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

En relación ás adhesions, este mes contamos con tres novas incorporacións: O restaurante La Posada, do chef Miguel Barreiro Parada, ubicado en O Grove, o restaurante Faro da Lúa, en Vilanova de Arousa e o Hotel Rústico San Jaime by Miguel González, en Pereiro de Aguiar (Ourense). Benvidos!!

Produción e comercialización

ORDE do 11 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2019, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). O prazo de solicitude remata o vindeiro 26 de xullo.

Denominacións comerciais

No BOE do 15 de xuño, aparece publicada a Resolución de 24 de maio de 2019, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se publica a listaxe de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura.

En dita Resolución, actualizada cada ano,  aparece a relación de nomes comerciais das diferentes especies aceptados como denominación oficial en todo o territorio nacional, así como as diferentes acepcións recoñecidas polas diferentes comunidades autónomas.

A receita do mes

O sabor e textura do peixe porco (Balistes capriscus = B. carolinensis), sorprendeu as persoas participantes nunha cata capitaneada por Alejandro Iglesias, do Restaurante Cabanas, na 23ª edición do Salón da Alimentación do Atlántico SALIMAT-ABANCA.

O chef elaborou con esta especie, pouco habitual nas nosas mesas e que vos animamos a probar, uns fish&chips acompañados de crema de Arzúa-Ulloa e paté de Pementos de Herbón. Preme aquí para ver a receita.