Mortalidade do berberecho en Noia

No artigo deste mes, publicado orixinalmente na revista GCiencia e que podes descargar premendo aquí, explícannos as chaves do peche da campaña do berberecho en Noia. O artigo está baseado no informe elaborado pola bióloga da Confraría, Liliana Solís, en relación a este episodio. A baixa salinidade debida a un outono especialmente chuvioso unido aos desaugamentos da presa do Tambre, provocaron mortalidades superiores ao 80% nesta emblemática especie da ría de Noia.

A receita do mes

A cornicha (Spisula solida) é un bivalvo coas cunchas de forma oval-triangular, de cor branca e textura moi suave. Cada vez é máis frecuente atopala nos mercados procedente das nosas costas.

Na 36 edición do Salón Gourmets de Madrid, Fran Loira, chef de El Percebeiro, S.L., elaborou a receita que vos amosamos este mes durante unha das degustacións que tiveron lugar no stand da Consellería do Mar: Cornichas con salsa mariñeira, puré de charouvía e aliño de chile-suquet. Preme aquí para acceder a ela.