Fin da campaña da vieira

A campaña de captura da vieira iniciada no mes de xaneiro nas Rías de Pontevedra e Arousa, rematou o 1 de marzo para garantir a sostibilidade do recurso. Durante o tempo que permaneceu aberta, as capturas comercializáronse nas lonxas da Confraría de Cambados e da Confraría de Bueu.
Durante todo o ano podemos atopar no mercado vieira galega conxelada, previamente depurada e eviscerada, con todas as garantías de seguridade alimentaria, certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

O choco está en tempada

A tempada do choco comeza normalmente co inverno e dura ata ben entrada a primavera, dependendo das zonas. Podemos atopalo baixo a certificación pescadeRías, ¿de onde se non? en numerosas lonxas galegas, sendo as que máis ventas rexistran Redondela, Cambados, Campelo, Cangas, Bueu, Vilanova de Arousa, Fisterra e Rianxo.

Aquí podes ver un vídeo realizado por Bioimaxe coa colaboración do Concello de Redondela sobre o xeito de vida deste cefalópodo.

Dixitalización das lonxas

A Xunta iniciou o proceso de dixitalización das lonxas galegas previsto no Programa Primare. As primeiras que  terán á súa disposición a plataforma que integrará os sistemas de xestión, comercialización e emisión de notas de venda serán as de Arcade, Cangas, Ferrol, Fisterra, Illa de Arousa, Moaña, Portonovo, Redondela, Vigo e Vilaboa.

Máis información premendo aquí.

Curuxo vs rodaballo

Sabes diferenciar o curuxo do rodaballo? Ambos son peixes planos que habitan nas nosas costas e que podemos atopar nas lonxas  galegas.

O rodaballo ten unha forma romboidal, sendo a do curuxo ovalada. Outra diferencia son os pequenos tubérculos óseos que podemos notar cando pasamos o dedo por riba do rodaballo e que non aparecen no curuxo.  Premendo aquí podes encontrar máis información.

Certificacións e recertificacións

En febreiro a empresa  HQ Seaweed, dedicada á distribución de algas e equinodermos, acadou a certificación pescadeRías, ¿de onde se non?. Así mesmo, as lonxas de A Guarda Rianxo, a depuradora da Confraría de NoiaMariscos del Ortegal superaron auditorías de recertificación ou seguemento. Ampliaron o seu alcance Mariscos Veiro, Frigoríficos Moldes (algas) e as lonxas de Malpica (equinodermos) e Vilanova de Arousa (algas).

Do mar ao prato & pescadeRias

En colaboración co programa de promoción e difusión dos produtos do mar galegos nos centros de ensino de hostalaría de Galicia levado a cabo pola Consellería do Mar, levaranse a cabo, no mes de marzo, visitas pedagóxicas a vilas costeiras para dar a coñecer o significado da marca pescadeRias, ¿de onde se non?, os requisitos e o seu funcionamento, así como o etiquetado e a trazabilidade dos produtos certificados.

Do mar ao prato & pescadeRias

En colaboración con el programa de promoción y difusión de los productos del mar gallegos en los centros de enseñanza de hostelería de Galicia llevado a cabo por la Consellería do Mar, se llevarán a cabo, en el mes de marzo, visitas pedagógicas a villas costeras para dar a conocer el significado de la marca pescadeRias, ¿de onde se non?, los requisitos y su funcionamiento, así como el etiquetado y trazabilidad de los productos certificados.