A Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación publicou este ano a nova relación de denominacións comerciais de especies pesqueiras e de acuicultura admitidas en España, unha ferramenta fundamental para garantir unha identificación correcta dos produtos do mar, reforzar a trazabilidade e ofrecer información clara ás persoas consumidoras.
A resolución, publicada no BOE o pasado mes de marzo, establece o listado oficial de denominacións comerciais vixentes en todo o territorio nacional, que deberán empregarse na comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura. As denominacións recoñecidas polas comunidades autónomas poderán seguir utilizándose como complementarias nos seus respectivos territorios. Este listado de denominación renóvase anualmente mediante resolución da Secretaría Xeral de Pesca durante o primeiro trimestre do ano.
Posteriormente, o pasado mes de maio, a Secretaría Xeral de Pesca aprobou unha actualización parcial do listado para incorporar e modificar diversas denominacións comerciais, relacionadas con algas destinadas á alimentación. A resolución tamén rexeitou algunhas propostas por poder inducir a confusión, especialmente aquelas asociadas a xéneros completos e non a especies concretas.
Esta actualización constitúe unha referencia de especial interese para profesionais da pesca, a comercialización, a transformación e a distribución de produtos do mar, e contribúe á correcta etiquetaxe, á trazabilidade e á diferenciación das especies presentes no mercado.
Consulta aquí a lista de denominacións comerciais publicada en marzo.
Consulta aquí a resolución de maio de 2026.