Pescados y Mariscos del Noroeste é unha empresa familiar certificada pola marca pescadeRías de onde se non? desde novembro de 2017, co alcance de peixes e crustáceos. Especializada na comercialización de peixes e mariscos galegos, desenvolve a súa actividade como distribuidor, cetárea e cocedoiro, cun firme compromiso coa calidade, a frescura e a orixe dos produtos do mar.
A empresa abastece tanto ao sector da hostalaría e da restauración como a particulares a través da súa tenda en liña, con envíos a calquera punto da península en menos de 24 horas e garantindo en todo momento a correcta conservación dos produtos.
A súa aposta pola excelencia e a mellora continua permitiulle consolidarse como unha referencia na distribución de produtos do mar galegos