Cociña galega en acción no Festival Mar de Mares

Os produtos da pesca artesanal galega serán protagonistas dunha nova actividade gastronómica no marco do Festival Mar de Mares, na Coruña. O vindeiro 7 de xuño ás 12:30 h, o Mercado Mar de Mares, situado no Parrote, acollerá un showcooking para poñer en valor a calidade e versatilidade dos produtos do mar galegos.

A demostración culinaria correrá a cargo de Lolo Mosteiro e Paula Martínez, do restaurante A Artesa da Moza Crecha, establecemento adherido á marca, que elaborarán distintas propostas gastronómicas a partir de peixes procedentes da pesca artesanal.

A actividade será de acceso libre ata completar a capacidade do espazo e permitirá ao público descubrir novas formas de gozar dos produtos do mar de Galicia.