Novos restaurantes adheridos

Durante o pasado mes, foron seis os novos restaurantes adheridos á marca pescadeRías, ¿de onde se non?. Tres na cidade de Ferrol: O Camiño do Inglés, Josefa´s Bar e A Barcia; na mesma comarca, na localidade de Narón, o Restaurante Anacos; en Cedeira A Taberna de Jojó; e en A Guarda, o restaurante Casa Chupaovos.

Grazas a todos pola vosa aposta polos produtos da pesca artesanal.

Certificacións e seguementos

En marzo sumamos un novo axente certificado: a depuradora Moluscos Rías Gallegas, S.A. (bivalvos). Tamén durante este mes, a Lonxa de Cedeira, ampliou o alcance da súa certificación a cefalópodos. Por outra banda, pasaron auditorías de seguemento as empresas Frigoríficos Rosa de los Vientos, S.L., DEMARSUSA, Mariscos Cordal, S.L., Mariscos Comesaña, S.L., Conservera Gallega, S.A. e Conservas La Brújula, S.L.; así como as Lonxas de Baiona e a de Baixura do Porto de Vigo.

Programa Pleamar

Ata o 12 de abril está aberta a convocatoria de axudas do Programa Pleamar 2019 da Fundación Biodiversidad. O programa pretende impulsar proxectos orientados á protección e recuperación da biodiversidade mariña; á redución e xestión de residuos, á mellora da xestión das Áreas Mariñas Protexidas de España e ao reforzo da colaboración entre a comunidade científica e o sector pesqueiro e acuícola, entre outros. Preme aquí para obter máis información.

Actividades formativas

En marzo, impartimos formación en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos a todo o persoal da Lonxa de Ferrol, como requisito previo á súa certificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non?, e ao da empresa Mariscos Comesaña.

Por outra banda, minoristas de Ferrol, así como restaurantes do entorno de Cedeira participaron en sendas charlas sobre a marca pescadeRías, ¿de onde se non? e os requisitos para adherirse á mesma.

A receita do mes

Daniel López, chef do restaurante O Camiño do Inglés, recoñecido cunha Estrela Michelín e adherido o pasado mes ao selo pescadeRías, ¿de onde se non?, elabora a súa carta con produtos de mercado onde peixes e mariscos son protagonistas da meirande parte dos pratos. A súa proposta de preparación do xurelo con crema de apio e pesto de leituga de mar, ademais de saborosa, aporta todos os beneficios nutricionais do peixe azul e das algas. Preme aquí para ver a receita.