Cociña + Conciencia

O pasado 3 de xullo, máis de 50 cociñeiros/as de recoñecido prestixio reuníronse na Cidade da Cultura durante o Encontro Internacional Cociña + Conciencia, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co festival PortAmérica.  O evento foi un encontro de reflexión sobre cociña ética, influencia dos cociñeiros sobre o benestar social e retos de futuro da gastronomía e restauración. A marca pescadeRías estivo presente na degustación de produtos galegos a cargo de cociñeiros locais como Pepe Solla, Lucía Freitas, Jorge Gago, Kike Piñeiro, Eloy Cancela, Diego López, Alex Iglesias ou Daniel López. Aquí podes ver algunhas fotografías.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *