Os nosos usuarios: Mariscos Inés, S.L.

Mariscos Inés, S.L. é unha empresa familiar con máis de 25 anos de experiencia no sector da depuración de bivalvos que tamén distribúe peixes e mariscos tanto a maioristas de distintos puntos da península como ao mercado minorista. Está certificada na marca pescadeRías para bivalvos, gasterópodos, cefalópodos, peixes, crustáceos e equinodermos. Así mesmo, ofrece os seus produtos na peixería ubicada nas súas instalacións de Redondela, adherida ao selo este mes.

Novas peixerías adheridas

O pasado mes adheríronse dúas novas peixerías á marca pescadeRías.

No Mercado de Abastos de Muros Peixes e Mariscos Nero ofrece excelentes produtos locais procedentes da pesca artesanal.

A empresa certificada Mariscos Inés, con sede en Redondela, adheriu a peixería que ten nas súas instalacións na que ofrece os seus produtos como establecemento minorista de acceso ao público en xeral.

Convocatoria de PERMEX

Publicada a RESOLUCIÓN da xefatura territorial da Consellería do Mar na Coruña, pola que se convoca o proceso selectivo para o acceso ao permiso de explotación, modalidade ourizo a pé, para o exercicio da actividade extractiva na confraría de pescadores de Malpica.

O plan de xestión do ourizo na modalidade a pé en Malpica é de nova incorporación e foi aprobado pola Consellería do Mar o pasado mes de maio. O número de prazas convocadas son 10.

Restaurantes Fogar do Santiso

Fogar do Santiso é un proxecto familiar de restauración que ten como obxectivo por en valor a cultura galega e o rural. Co paso do tempo convertiuse nun referente cultural e gastronómico en Galicia. No camiño cara a sustentabilidade e como modelo na restauración e na dignificación do rural, comezan unha viaxe hacia o autoabastecemento pasando a producir as súas propias materias primas en ecolóxico e a axudar a outros produtores. Nos seus establecementos de restauración de Lapamán, Oleiros, Santiago de Cospostela, Allariz e Teo, que acaban de adherir á marca, apostan polos produtos do mar certificados por pescadeRías.

Novos restaurantes adheridos

A maiores dos establecementos de Fogar do Santiso, en xullo adheríronse dous novos restaurantes ao selo, ambos no Concello de Cangas.

No restaurante La Curva, próximo á praia de Nerga, ofrecen unha cociña tradicional na cal peixes e mariscos están moi presentes con fermosas vista á Ría de Vigo.

A tapería Chinchorro, en Aldán, conta cunha ampla terraza e ofrece unha cociña sinxela con produtos galegos de tempada, onde peixes e mariscos procedentes da pesca artesanal das lonxas da contorna son protagonistas.

Certificacións e recertificacións

Damos a benvida a unha nova entidade certificada, a Confraría de Pescadores San Telmo de Porto do Son. A entidade pasou auditoría de certificación para os grupos biolóxicos bivalvos, cefalópodos, crustáceos, equinodermos e peixe no mes de xullo. Poderemos atopar o logotipo da marca pescadeRías nas súas etiquetas de primeira venda destes produtos.

Por outra banda, a Confraría de Pescadores de Portonovo, certificada para os grupos peixes, cefalópodos, bivalvos e equinodermos, superou unha auditoría de recertificación, ampliando o seu alcance de certificación a crustáceos.

Axudas produción e comercialización

Publicada a ORDE do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2021, para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización correspondentes a 2020, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP). En prazo ata o 13 de agosto de 2021.

Proxecto 1MARDEALOSAS

O sábalo (Alosa alosa) e a saboga (Alosa fallax) son especies pertencentes á familia dos Clupeidos, a mesma na que se inclúen a sardiña ou o arenque. En decembro de 2020 iniciouse o proxecto 1MARDEALOSAS co obxectivo de mellorar o estado do coñecemento sobre a distribución, bioloxía e ecoloxía das dúas especies de alosas europeas no medio costeiro do noroeste ibérico a partir das capturas accesorias ou incidentais que se producen na pesqueira e co fin de propoñer medidas de protección, conservación e xestión para estas especies ameazadas. Preme aquí para acceder a un artigo sobre este proxecto.

A receita do mes

En Galicia temos unha ampla variedade de especies pesqueiras que nos ofrecen grandes posibilibidades culinarias. Os peixes de pequeno tamaño como a piarda podemos comelos enteiros, normalmente fritidos.

Rita Portas Garrido, de Estribela (Pontevedra), proponnos este mes preparalas en tortilla. Unha receita tradicional mariñeira herdada da súa nai e da súa avoa, Rita «A Peixiña», que compraba peixe na lonxa de Marín para secalo e vendelo polas casas.

Preme aquí para acceder a ela.

Ganadora Sorteo de Verano

Ya tenemos ganadora del sorteo de verano. La premiada es Margarita Ríos, que recibió un bono por valor de 100 € para disfrutar en un restaurante adherido al sello pescadeRías, ¿de onde se non? ¡Felicidades!

¿Conoces los establecimientos de restauración adheridos a la marca pescadeRías, donde puedes degustar productos de la pesca artesanal? En nuestra web puedes encontrarlos, pincha aquí para consultar el listado completo.