Mareas rojas

Las mareas rojas son un fenómeno natural conocido desde antiguo en Galicia como “la purga del mar”. Están asociadas al desarrollo estacional del fitoplancton y a la riqueza de nuestras aguas. Francisco Rodríguez, investigador del Instituto Español de Oceanografía y miembro del grupo de Microalgas Nocivas en el Centro Oceanográfico de Vigo, nos ofrece en este artículo algunas claves para entender mejor este fenómeno.

Foto de Mónica Pazos.

La receta del mes

Comenzamos el año con una receta elaborada con un pescado que está en su mejor momento, la raya, que, como dice el refrán, “en enero sabe a carnero”.

La bloguera gastronómica María José Basanta, responsable del blog Laurel y canela, nos propone prepararla en ensalada tibia, un plato ligero para después de las fiestas y adecuado para los meses fríos. Pinchando aquí puedes consultar esta receta, que os animamos a probar.

Resultados concurso de Nadal

A fotografía gañadora do concurso para a Postal de Nadal 2020 da marca pescadeRías, elixida polos nosos seguidores/as en redes sociais, foi a enviada por Jacobo Sáenz-Díez Malvar co título de «Mariscadora». O premio, un lote de conservas certificadas, entregarase en Cáritas de O Grove, por decisión do gañador. Moitas grazas a todos e todas pola vosa participación.
Preme aquí para ver a foto.

Plan Xeral de Explotación

Publicada a ORDE do 21 de decembro de 2020 pola que se aproba o Plan xeral de explotación marisqueira para o trienio 2021-2023, co obxectivo de garantir que a explotación marisqueira se leve a cabo con todas as garantías e de xeito sustentable, tendo en conta aspectos medioambientais, sociais e económicos. Como novidade, os presentados por 17 confrarías, inclúen dentro das actividades de marisqueo a realización de turismo mariñeiro.

Especies pescadeRías

O selo pescadeRías, ¿de onde se non?, certifica produtos procedentes da pesca artesanal e do marisqueo, capturados de xeito sustentable e non máis de 24 horas antes da súa primeira venda nas lonxas. Nas seguintes ligazóns podes atopar fichas con información sobre o valor nutricional de tres especies certificables que podemos adquirir con frecuencia nas nosas lonxas e mercados: Abadexo (Pollachius pollachius), linguado (Solea solea) e nécora (Necora puber).

Aperturas e peches

O día 1 de xaneiro comezou a campaña da lamprea na desembocadura do Río Miño.  As lampreas de pesca marítima capturadas neste área comercialízanse certificadas polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.

En canto aos crustáceos, entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro, está autorizada a pesca da lagosta. Por outra banda a nécora e o santiaguiño comezaron a súa veda o 6 de xaneiro, que durará ata o 1 de xullo e o 1 de outubro respectivamente.

Guía Michelín 2021

A Guía Michelín España e Portugal do ano 2021 distingue a Galicia con 15 Estrelas Michelín, 3 Estrelas Verdes, pola súa aposta pola sustentabilidade e reducción do impacto medioambiental, e 25 restaurantes na categoría de Bib Gourmand, que recoñece aos establecementos cunha mellor relación calidade/prezo da guía.

Parabéns a todos e todas, especialmente aos adheridos á marca pescadeRías, ¿de onde se non?.

Recertificacións

En decembro, a lonxa de Redondela renovou a súa certificación no selo pescadeRías, ¿de onde se non? para cefalópodos e bivalvos e ampliou o seu alcance a peixes e crustáceos.

O produto máis coñecido que podemos atopar nesta lonxa é o choco, do cal o pasado ano comercializaron máis de 25 toneladas. Por outra banda, nos seus bancos marisqueiros, o conxunto das especies de bivalvos colleitados, superou as 40 toneladas.