En prazo ata o 10 de marzo.
Axudas a proxectos colectivos
Just another WordPress site
En prazo ata o 10 de marzo.
Convocados procesos selectivos para a obtención de PERMEX de marisqueo e recursos específicos (anémones, percebe, solénidos) nas confrarías de Baiona, Vilanova de Arousa, O Pindo, Malpica, Pontedeume, Muxía, Cabo de Cruz, Fisterra, Corcubión, Lira, Corme e Rianxo.
Podes atopar toda a información sobre as diferentes convocatorias na sección de anuncios do portal da Consellería do Mar. Accede premendo aquí.
Na Praza de Abastos de Bueu, onde a maioría dos peixes e mariscos que atopamos proceden da lonxa desta localidade, contamos este mes cunha nova peixería adherida: Mariscos e Bacalao Rosana.
Temos así mesmo unha nova adhesión na Praza de Abastos de Pontevedra: Pescados y Mariscos Cachadas. No seu posto ofrece unha grande variedade de produtos pesqueiros e marisqueiros de diferentes lonxas galegas, capturados de xeito artesanal.
Este mes contamos con tres novas adhesións: En Pontevedra, na Praza da Leña, o restaurante O Eirado, que conta cunha Estrela Michelín e un Sol Repsol, e anexo ao mesmo, A Tapería Loaira, ofrecen na súa carta unha variada mostra de produtos do mar de tempada procedentes da nosa pesca artesanal. Por outra banda, en Madrid, no restaurante Farmacia de Guardia, situado no Barrio de Malasaña, podemos atopar orixinais elaboracións con produtos de O Percebeiro, entidade certificada polo selo pescadeRías, ¿de onde se non?.
A Confraría de Pescadores da Pobra do Caramiñal acaba de obter a certificación da marca pescadeRías, ¿de onde se non?. A entidade xa pode comercializar os bivalvos, cefalópodos, peixes e crustáceos que venden na súa lonxa baixo o selo de calidade que identifica e promociona os produtos procedentes da pesca artesanal.
Por outra banda, Frigoríficos Moldes S.L. renovou a súa certificación na marca como transformador para os grupos biolóxicos cefalópodos e algas.
Neste Plan, determínase o protocolo de actuación dos distintos departamentos da Comunidade Autónoma que teñen competencia directa nas actuacións do mesmo, así como a actuación ou participación que a outras administracións lles corresponde neste tipo de sucesos.
Nos caladoiros galegos podemos atopar máis de 20 especies de cetáceos, sendo inevitable a interacción destes coa frota pesqueira, coa que comparten un mesmo espazo. Neste escenario, o proxecto VIRADA, posto en marcha pola CEMMA, ten como obxectivo contribuir á protección da biodiversidade mariña e á sustentabilidade da pesca mediante a redución das capturas accidentais de cetáceos, en colaboración co sector pesqueiro. Podes ter máis información sobre este proxecto neste artigo de José Martínez Cedeira, presidente da CEMMA, especialista en estudos de interacción cetáceos-pesca.
Axeitada para os últimos días do inverno, a nosa proposta para este mes é unha receita tradicional da nosa cociña, caldeirada de pescada preparada polo chef Iñaki Bretal do restaurante O Eirado de Pontevedra.
Iñaqui Bretal, forma parte do Grupo Nove. A súa cociña aposta por produtos galegos de calidade, con gran presenza dos produtos do mar, que elabora destacando o mellor sabor de cada un deles, coidando a súa orixe e autenticidade.
Preme aquí para acceder a receita.
A partir do mes de marzo, a marca pescadeRías, ¿de onde se non? comezará a impartir un programa formativo en centros de Hostalaría de Galicia.
Desenvolveranse charlas informativas e obradoiros prácticos para dar a coñecer ao alumnado o significado, os produtos, os requisitos e o funcionamento da marca pescadeRías, ¿de onde se non?, así como amosar os oficios do mar e as artes de pesca, o etiquetado e a trazabilidade dos produtos do mar. Aprenderán a coñecer e a diferenciar especies de interese comercial e fomentarase o consumo responsable e o cumprimento da seguridade alimentaria, entre outros.
Del 18 de enero al 04 de febrero se desarrolló la campaña de extracción de la vieira en la Ría de Arousa. De lunes a jueves, 30 embarcaciones de la Cofradía de Pescadores San Antonio de Cambados desembarcan en la lonja de Cambados sus capturas autorizadas, 99 kg/embarcación.
Después de un proceso de depuración y evisceración, la vieira aparece en los mercados eviscerada fresca, congelada o descongelada, envasada y perfectamente etiquetada.