La receta del mes: pastel de rubio

Ricardo Fernández Guerra, cocinero y profesor de los ciclos de formación profesional de cocina en el CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, propone una receta de pastel de rubio sencilla, sabrosa y muy agradecida en la cocina del día a día. Con esta receta, Ricardo quiere poner el foco en el conocimiento del producto y en el aprovechamiento responsable de los recursos marinos.

Se trata de una elaboración versátil, que admite variaciones según el pescado disponible y permite adaptarse fácilmente a lo que marca la temporada y la lonja. El resultado es un plato equilibrado, de textura suave y sabor limpio, en el que el producto del mar es el verdadero protagonista. Un buen pescado, una salsa de tomate casera y una elaboración cuidada hacen de este pastel una opción perfecta tanto para menús familiares como para restauración colectiva.

Puedes ver aquí la receta completa.

Sorteo Experiencia pescadeRías | Persoas premiadas

Xa coñecemos ás persoas gañadoras do sorteo Experiencia pescadeRías, unha iniciativa coa que quixemos achegar ao público o valor da pesca artesanal galega e dos produtos certificados pola marca pescadeRías de onde se non? Trátase de Miriam García Pouso e Xurxo García Castro, que poderán gozar da experiencia xunto cun acompañante da súa elección.

A actividade está prevista para o vindeiro 18 de febreiro, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. O programa inclúe a visita a unha zona de marisqueo, ao Porto de Tragove e ás empresas certificadas Porto de Cambados S.L. e Real Conservera Española S.L., onde se realizará unha cata de conservas galegas.

Agradecemos a alta participación e o interese amosado por coñecer a orixe, a calidade e a trazabilidade dos nosos peixes e mariscos.

pescadeRías de onde se non?, na Xornada Territorio e Alimentación

O 6 de febreiro celebrarase a Xornada Territorio e Alimentación: construíndo identidade e valor compartido, organizada polo Clúster Alimentario de Galicia e a Fundación Juana de Vega.

No marco da Mesa 1, Indicacións de calidade e marcas territoriais: claves de éxito, intervirá Ramón Fernández Conchas, xefe de servizo de Mercados da Pesca da Consellería do Mar, quen falará da marca pescadeRías de onde se non? como exemplo de ferramenta para poñer en valor a orixe, a calidade diferenciada e o traballo da pesca artesanal galega. A sesión abordará o papel das indicacións de calidade e das marcas territoriais na construción de identidade e na xeración de valor compartido ao longo da cadea alimentaria.

Podes ver o programa completo da xornada aquí.

Estivemos en Madrid Fusión

Os produtos da pesca artesanal galega amosaron en Madrid Fusión a súa calidade, diversidade e potencial gastronómico. No stand da Consellería do Mar, as empresas coexpositoras deron a coñecer diferentes especies en distintos formatos e presentacións a profesionais da cociña, da distribución e da restauración.

A participación completouse cun programa de catas no que se presentaron distintas elaboracións a base de peixes e mariscos certificados pola marca pescadeRías de onde se non?, que permitiron explorar novas formas de consumo e poñer en valor o produto do mar galego.

O vídeo resumo recolle algúns dos mellores momentos da feira, coa presenza das empresas participantes e unha selección das catas realizadas. Podes velo aquí.

Fish International Bremen

Nove empresas e entidades do sector mar-industria participarán na feira Fish International Bremen acompañadas pola Consellería do Mar, nunha acción pensada para reforzar a presenza das empresas comercializadoras galegas no mercado internacional.

A cita, que se celebrará do 22 ao 24 de febreiro, está considerada unha das máis relevantes do norte de Europa para o sector pesqueiro e transformador. Neses tres días, as empresas galegas disporán dun espazo desde o que amosar a calidade, a diversidade e a trazabilidade dos produtos da pesca e da acuicultura. A participación conxunta facilitará o contacto con compradores e profesionais do sector, permitirá coñecer as tendencias do mercado e contribuirá a consolidar a proxección exterior do sector galego e a apertura de novos canais de comercialización.

Ricardo Fernández únese á Tripulación pescadeRías

Ricardo Fernández únese á Tripulación pescadeRías, e falamos con el e co seu alumnado dos ciclos de formación profesional de cociña do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra. Ao longo da conversa, Ricardo aborda o seu labor como docente, a importancia de traballar con produtos da pesca artesanal galega e o papel das marcas de produto diferenciado na formación de futuros profesionais da hostalaría.

A entrevista complétase cunha visita á praza de abastos de Pontevedra e cunha práctica de elaboración dun pastel de peixe no Espazo Oroza. Ademais, o alumnado comparte a súa experiencia e aprendizaxes. Unha xornada na que conectamos ensino, mercado, pesca artesanal e cociña.

Podes ver a entrevista completa aquí.

Curso de recoñecemento de especies de interese comercial

No mes de xaneiro, desde pescadeRías de onde se non?, organizamos na lonxa de Baiona un curso de recoñecemento de especies de interese comercial, impartido por Rafael Bañón, biólogo especializado en taxonomía de peixes.

A xornada estivo orientada a reforzar o coñecemento e a correcta identificación de especies con morfoloxía similar, un aspecto clave para a súa adecuada clasificación, comercialización e posta en valor.

No curso participou persoal das lonxas da Confraría de Pescadores de Vigo, da Confraría da Guarda e da Confraría de Baiona, nun espazo de aprendizaxe compartida e intercambio de experiencia arredor das especies que chegan a diario ás lonxas.

Certificacións

No mes de xaneiro realizáronse as auditorías de seguimento de dúas entidades certificadas pola marca pescadeRías de onde se non?: a Confraría da Guarda e Mar do Morrazo Sociedade Cooperativa Galega, no marco do sistema de control da marca.

No caso da Confraría da Guarda, o alcance da certificación corresponde á primeira venda en lonxa e inclúe cefalópodos, crustáceos, equinodermos e peixes. Esta entidade mantén a certificación desde o ano 2013.

Pola súa banda, Mar do Morrazo Sociedade Cooperativa Galega conta coa certificación desde 2008 como vendeduría, co alcance actual de cefalópodos, crustáceos e peixes.

Ademais levouse a cabo a auditoría de ampliación de alcance a algas, antozoos, crustáceos e equinodermos da Confraría de Aldán-Hío, que se uniu á marca no 2016 e xa estaba certificada para bivalvos, cefalópodos, gasterópodos e peixes.

A entidade do mes: Porto Muíños

Porto Muíños, empresa galega pioneira e referente na valorización das algas mariñas para consumo humano, é a entidade destacada do mes. Certificada pola marca desde o ano 2012, o alcance da certificación abrangue a distribución de algas frescas e a súa transformación para uso alimentario.

Situada en Cerceda (A Coruña), a empresa leva máis de dúas décadas traballando cunha aposta clara pola innovación, a investigación e o aproveitamento sostible dos recursos do mar. Ademais da súa actividade produtiva, Porto Muíños conta cunha tenda en liña a través da cal achega directamente os seus produtos ao consumidor, facilitando o acceso ás algas galegas para uso doméstico e profesional.

Porto Muíños foi unha das primeiras empresas en introducir as algas na gastronomía galega contemporánea, abrindo camiño a novos produtos, formatos e usos culinarios, cun forte compromiso coa calidade, a trazabilidade e o respecto polo medio mariño.

A especie do mes: a cherna

A cherna (Polyprion americanus) é unha das especies máis representativas da pesca artesanal galega, tanto polo seu gran tamaño como pola recoñecida calidade da súa carne. Trátase dun peixe de corpo robusto e cabeza grande, que pode superar os dous metros de lonxitude e cunha coloración que vai do marrón ao gris azulado. É un peixe de hábitos solitarios e dieta claramente carnívora.

Na idade adulta vive en fondos rochosos a gran profundidade e en Galicia captúrase principalmente con artes de anzol, o que permite unha extracción selectiva e respectuosa co medio mariño. O tamaño mínimo de captura establécese en 50 centímetros, unha medida clave para favorecer a reprodución e garantir a sustentabilidade da especie. Na cociña, a súa carne branca, semigraxa e de sabor fino resulta moi apreciada, especialmente en elaboracións sinxelas como a prancha con aceite e sal.

Amplía aquí a información.